O Sergas sostén que o Consultorio de Raxó garantirá a atención asistencial con persoal de servizos xerais e de enfermería
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Durante as últimas horas, diferentes colectivos e o Concello de Poio, a través do alcalde Luciano Sobral, manifestaron o seu rexeitamento á decisión adoptada polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) de "pechar o ambulatorio de Raxó durante quince días nas primeiras semanas do mes de xullo, por falta de persoal". Esta medida faise efectiva a partir do luns 4 de xullo.
Ante esta oposición á medida, o Sergas emitiu un comunicado explicando que a área sanitaria de Pontevedra - O Salnés mantén no consultorio de Raxó a cobertura de enfermería de Atención Primaria e a dispoñibilidade do Persoal de Servizos Xerais (PSX), coa intención de garantir a actividade e a continuidade asistencial durante o período de vacacións do facultativo que atende aos pacientes neste centro.
Desde o Sergas lémbrase aos residentes na zona que se mantén a prestación de Atención Primaria no centro de saúde de Anafáns e no consultorio de Combarro.
Segundo sinalan os responsables sanitarios, a imposibilidade de cubrir a totalidade das ausencia do persoal facultativo, xa sexa con profesionais das listaxes de contratación ou con persoal voluntario, óptase por efectuar a prolongación de xornada ou intersustituciones, de maneira que o resto de profesionais do mesmo centro de salu atenda provisionalmente a cota de consultas de pacientes correspondente aos profesionais ausentes, mantendo a continuidade operativa.
Lembran que a administración sanitaria pública galega "compatibiliza o deber de prestar asistencia sanitaria co dereito dos profesionais ao seu descanso vacacional", tentando achegar substitutos nas coberturas estivais dos efectivos de Atención Primaria en Poio.
RESPOSTA DO ALCALDE
Luciano Sobral, alcalde de Poio, afirma que esta solución "non nos vale". Manteñen a reclamación de que continúe un médico no centro sanitario de Raxó durante todo o verán. O martes na Mesa pola Sanidade de Poio diferentes representantes políticos e sociais manterán un encontro para reclamar este facultativo e para que o persoal sanitario continúe nos tres centros sanitarios de Poio igual que antes dos recortes acometidos polos Sergas, indicou o rexedor.
"Non se poden tomar medidas como esta en pleno verán", afirmou Sobral lembrando que aumenta a poboación durante estes meses no municipio. "Raxó é un dos puntos turísticos de Poio", explicou indicando que é un punto asentado como segunda residencia e "debería reforzar a atención sanitaria e non eliminala, como pretenden facer", concluíu o alcalde do goberno tripartito.
EXPLICACIÓN DO XERENTE
O xerente da área sanitaria de Pontevedra-Salnés, José Ramón Gómez, declarou que no consultorio de Raxó coincidiron dúas circunstancias, por unha banda as vacacións do médico de familia e por outra a baixa da enfermeira. "Como siempre tratamos de cubrir estas ausencias pero no tenemos médico de familia para sustituir y en el caso de la enfermera teníamos también importantes dificultades".
"Nosotros siempre seguimos intentando hacer la cobertura hasta el último momento", engadiu o xerente. Neste caso, José Ramón Gómez indicou que "ayer mismo pudimos conseguir la sustitución de la enfermera de forma que el centro no va a cerrar".
O xerente da área sanitaria tamén afirmou respecto a estas incidencias que "personas interesadas o determinados colectivos que están señalando frecuentemente como un problema los recortes que se están haciendo en Galicia, eso en absoluto refleja la realidad de las cosas".
José Ramón Gómez incidiu en que todas as comunidades autónomas durante a pandemia pediron ao Ministerio de Sanidade a posibilidade de reforzar a Atención Primaria "y la única medida que se ha podido poner en marcha fue la contratación de médicos de familia jubilados".
Unha vez máis o xerente reiterou que "en España o que hai é un déficit de médicos de familia".
Relacionadas:
-
Sen facultativos no consultorio médico de Raxó
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
Poio formaliza a adquisición dos terreos para o novo centro de saúde
Por Redacción |
-
A Área Sanitaria anuncia que ofertará a cobertura de todas as prazas de Medicina Familiar e Pediatría en Poio
Por Redacción |
-
Concentración en Raxó para requirir persoal médico e un servizo sanitario "con todas as garantías"
Por Redacción |
-
Preocupación ante a eventualidade laboral á que se enfrontan médicas de Urxencias en Montecelo
Por Redacción |
-
Xoves de protesta en Raxó para esixir persoal médico no centro de saúde
Por Redacción |
-
O Sergas pecha durante 15 días o ambulatorio de Raxó e non cubrirá as vacacións do persoal no Centro de Saúde de Baltar
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
O vindeiro Pleno abordará unha modificación orzamentaria para adquirir os terreos do futuro centro de saúde de Poio
Por Oskar Viéitez |
-
Poio alerta do "risco de colapso" da sanidade ante a falta de médicos
Por Redacción |
-
Reclaman a Sanidade explicacións sobre os cambios de consultorio médico en Poio
Por Redacción |