Despachados máis de 20.000 pratos na Festa Gastronómica do Emigrante
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/88a/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/62cc3dd0a9-image5.jpeg)
© Concello de Ponte Caldelas
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/4ba/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/62cc3e1b0a-image4.jpeg)
© Concello de Ponte Caldelas
A Festa Gastronómica do Emigrante pechou este domingo as casetas de degustación de comida internacional superando os 20.000 pratos vendidos, segundo a información facilitada polo Concello de Ponte Caldelas.
O prezo do prato e a bebida era de 6 euros e, a maiores, ofrecíanse outras variedades dos países representados.
Estas mesmas fontes sinalaron que os doce restaurantes participantes no evento despacharon centos e centos de pratos que fixeron as delicias dos asistentes, chegados de toda Galicia.
Durante tres días de festa a gastronomía de doce países foi a protagonista con pratos de Bélxica, Brasil, Grecia, España, Portugal, Uruguay, Ucrania, Cuba, Alemania, México, Venezuela e Italia.
A animación musical foi outro dos alicientes deste evento, que contou co concerto de Rivergood o venres, o pasarrúas de Catro Ventos no mediodía do sábado, o concerto dos Mariachis de Leonardo Flores na noite do sábado e o espectáculo de canto e danza da Escola de Danza e Artes de Salvador de Bahía.
O alcalde, Andrés Díaz, subliñou o "esforzo organizativo" do Concello, que encheu a Alameda de Ponte Caldelas con mesas e 1.250 cadeiras "co obxectivo de que todo o mundo puidese gozar comodamente dunha festa gastronómica que cada edición que pasa atrae a máis visitantes".
Relacionadas:
-
Queimada gratuíta e actuacións musicais alumearán a Festa Gastronómica do Emigrante
Por Redacción |
-
Sabores de medio mundo mestúranse na Alameda de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Doce países presentarán os seus mellores pratos na Festa do Emigrante
Por Redacción |
-
A Festa Gastronómica do Emigrante celebrarase os días 8, 9 e 10 de xullo
Por Redacción |