Chega a Sanxenxo a unidade móbil do programa de "Coidados porta a porta"
Por Redacción
A Xunta atendeu a 10.000 persoas de 150 concellos de Galicia desde que hai tres meses retomou o programa de "Coidados porta a porta".
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, salientou hoxe o éxito desta iniciativa durante unha visita a unidade móbil que, desde o pasado luns ata o vindeiro venres, presta en Sanxenxo atención gratuíta en audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria aos maiores de 55 anos.
Fabiola García sinalou que, na provincia de Pontevedra, o "Coidados porta a porta" atendeu a 2.700 persoas de 37 concellos.
Pola unidade de Sanxenxo xa pasaron 40 veciños e ata o vindeiro venres aínda se pode reservar cita previa nos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 922, ou ben no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xuntal.gal.