Este domingo 31 comeza a campaña de verán de limpeza voluntaria do río Gafos
Por Redacción
As botas e a roupa de auga xa están preparadas para introducirse no leito do Gafos, Cocho, Toxal ou Tomeza, as diferentes formas en que se coñece a este río que desemboca no núcleo urbano de Pontevedra. A asociación ecoloxista Vaipolorío inicia a súa 22 campaña de limpeza desta contorna natural.
A cita está prevista para todos os domingos desde este 31 de xullo ata o 28 de agosto. Nesta primeira intervención, o derradeiro domingo de xullo, contarán coa colaboración de integrantes do centro de reeducación Avelino Montero, dentro do labor que o colectivo ten de promover a participación de xente nova na protección, o estudo e a mellora do río Gafos. En vindeiras xornadas, tamén colaborarán integrantes da Asociación Juan XXIII de Pontevedra.
A hora de saída establécese ás 10.00 horas e o punto de encontro sitúase ante a sede do Albergue de Peregrinos na Rúa Ramón Otero Pedrayo. Aquelas persoas interesadas en participar nesta limpeza, na que todos os anos extráense cantidades de lixo que chegan a superar os 200 quilos nalgunha das sesións, deberán comunicar o seu interese en asistir antes de cada venres no teléfono da asociación Vaipolorío: 676.842.942.
Relacionadas:
-
Recollidos 75 quilos de lixo dos Gafos no terceiro día de limpeza de Vaipolorío
Por Redacción |
-
Nova limpeza e novo graffiti para combater o "feísmo" arredor do río Gafos
Por Redacción |
-
Vaipolorío atopa no ENIL do río Gafos unha vertedura de tres toneladas de residuos de obra e electrodomésticos
Por Oskar Viéitez |
-
Nova vertedura no río Gafos detectada por Vaipolorío
Por Redacción |
-
Vaipolorío acomete a poda da "maceira de río" no Gafos
Por Redacción |