Presentan o programa de Festas de Cerdedo na honra do Divino Ecce-Homo e da Virxe das Dores
Por Redacción
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, a tenente de alcalde Lourdes Ovelleiro, a concelleira Belén Casado e membros da Comisión de Festas de Cerdedo, presentaron o programa festivo que na honra do Divino Ecce-Homo e a Virxe das Dores que terá lugar os días 29, 30 e 31 de xullo.
O programa comezará o venres 29 cunha gran verbena amenizada pola orquestra Assia, que fará unha viaxe no tempo co seu mellor directo, e Unión y Fuerza.
O sábado 30 comezará cun pasarrúas e alboradas matinais a cargo do Grupo de Gaitas Os Abrentes de Cerdedo e ás 12:30 horas haberá misa solemne cantada polo Coro Parroquial, seguida de procesión. Pola noite, a verbena estará protagonizada por Gran Parada e Disketoca co seu Dj JJ Compota. A xornada completarase á unha da madrugada cunha Gran Tirada de Fogos de Lucería.
O domingo 31 o pasarrúas e as alboradas correrán a cargo da Banda de Música de Cerdedo. Ás 12:30 horas terá lugar a misa solemne cantada polo Coro Parroquial, seguida de procesión. Ás 20 horas, protagonizará un concerto a Banda de Música de Cerdedo na Praza do Concello mentras que o peche de festa correrá a cargo de Manoele de Felisa que actuará ás 22 horas na Praza do Concello.
Pola súa banda, o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, agradeceu a implicación da Comisión de Festas de Cerdedo na organización dos festexos e ofreceulles a máxima colaboración do Concello nas actividades festivas programadas e naqueles temas de infraestruturas e operativos que puideran precisar.
Relacionadas:
-
Festas en Almofrei na honra de San Lourenzo e San Roque
Por Redacción |
-
Loureiro celebra esta fin de semana a festa da Virxe das Neves
Por Redacción |
-
'Cinema e Estrelas' volve levar os mellores filmes en versión orixinal á praza da Pedreira
Por Redacción |
-
Viascón xa ten programa de festas para honrar a Santiago Apóstolo
Por Redacción |
-
Oito días dunhas Festas da Peregrina que serán "como as recordábamos"
Por Alejandro Espiño |