Areas volve izar a bandeira azul tras as novas análises das augas
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo comunicou na tarde deste mércores 27 de xullo que as últimas analíticas da auga realizadas pola Consellería de Sanidade no extremo esquerdo da praia de Areas ofreceron niveis óptimos de calidade.
Estes resultados permiten que, desde o Concello, xa se volva aconsellar o baño na zona e volveu izarse a bandeira azul, que fora arriada o pasado venres 22 de xullo.
A causa desta decisión inicial debíase a que os análises periódicos que realiza a Consellería de Sanidade ofrecera parámetros alterados na zona na que desemboca o regacho que cruza o areal. Desde a administración autonómica solicitábase ao Concello que desaconsellase o baño nesta zona ata comprobar se se garantían as condicións de salubridade.
Con estes últimos análises restablécese a normalidade nunha das praias máis concorridas da vila turística.