Volven as festas de Loira con música, inchables e fogos artificiais
Por Redacción
Despois de dous anos sen celebrarse por mor da pandemia, as festas de Loira regresan ao grande grazas á implicación da Comisión organizadora e o Concello de Marín.
Para iso, os organizadores puxeron en marcha un proceso de recadación de fondos con publicidade, patrocinios e venda de rifas, ademais dunha pre festa para o día 13 de agosto.
Isto será só o anticipo do que virá o día 27, data na que os fogos artificiais encherán de luz o ceo de Marín.
Ademais, para este regreso haberá pasarúas e sesión vermut a cargo da charanga Charandonga, pola tarde poderase gozar de inchables, a festa da escuma e do touro mecánico e, xa ás 22:30 horas, Magos e Xacobeo amenizarán a velada antes da tirada de fogos artificiais ás 00:00 horas.
Para terminar a festa, o DJ Rubén Díaz farase cargo da música.