Cambios na axenda das Festas de San Roque ante a posibilidade de chuvia
Por Redacción
As previsións de que se produzan choivas durante a noite deste luns 15 de agosto ao martes 16 obrigan o goberno local de Vilagarcía de Arousa a modificar a axenda programada nas Festas de San Roque. Os actos manteranse na súa totalidade, pero a verbena de Los Tres Latinos que estaba prevista durante a noite no barrio de San Roque pasará a ser unha sesión vermú.
Esta sesión vermú celebrarase xusto cando finalice a procesión de San Roquiño ou Pequeno, a partir das 13.00 horas.
Esperarase ata o último momento, segundo indican desde o Concello, para decidir se se traslada ao Auditorio os concertos previstos na Xunqueira, o de Uxía Lambona e a Banda Molona, que comezará ás 20.30 horas; e o de Joel Padín, a partir das 23.00 horas.
A probabilidade de choiva prevese máis elevada a medida que avanza a xornada e no caso de que se trasladen ao recinto pechado, manteríanse os mesmos horarios, segundo sinalan desde a organización