A wifi pública gratuíta estenderase nas próximas semanas a varios puntos de Marín
Por Oskar Viéitez
O Concello de Marín iniciou hai varios meses a contratación dos servizos de telefonía fixa, móbil, internet e de comunicacións por un período de 4 anos. Da licitación presentáronse 3 empresas interesadas en realizar estes traballos que concluíron en virtude da puntuación obtida na oferta técnica e económica na adxudicación a Vodafone España SAU.
Nestes momentos levan varias semanas cambiando cableados en distintos edificios municipais e a preparación técnica para o cumprimento das obrigas que o contrato subscrito require.
Constitúe o objecto do contrato, os servizos profesionais, técnicos, loxísticos, humanos, incluíndo dispositivos, terminais, compoñentes hardware e software, actualizacións, accesorios licenzas necesarias para a instalación, despregamento, probas, homologación, marcha e documentación necesarias para a execución dos servizos de telecomunicacións necesarios das dependencias do Concello de Marín, actuacións técnicas necesarias de conservación, mantemento.
Está a procederse a través da empresa á súa implantación e ao longo de todo o mes de setembro abarcará a realización dos mesmos.
Unha das partes máis atractivas do contrato refírese á mellora da rede wifi en espazos públicos. Na actualidade existe wifi pública no Parque Eguren, na Alameda Rosalía de Castro e na Finca de Briz.
O obxectivo deste contrato é estendelo nas próximas semanas á Casa do concello, Museo Manuel Torres, Praza de Abastos, Pavillón da Raña, Pavillón do Sequelo, Pavillón da Cañota, Campo de Futbol, Biblioteca municipal, Parque Azul e Alameda de Seixo.
Desde o goberno local destacan que este "é un esforzo que leva a cabo desde o Concello que entendemos que beneficiará a un número importante de usuarios que aplican e utilizan as novas tecnoloxías que se posicionaron xa de maneira importante nun método de comunicación útil e unha ferramenta moi utilizada non soamente polos máis novos senón utilizada por moitos usuarios de todas as idades".
O contrato que se está executando pola empresa Vodafone España SAU foi adxudicado por 313.915 euros e abarcará 4 anos de duración.