Ábrese a consulta previa á modificación do regulamento do Mercado de Abastos
Por Redacción
O regulamento do Mercado de Abastos está previsto que se modifique, segundo anuncia o goberno local de Bueu, coa intención de actualizalo.
O Taboleiro de Anuncios da Sede electrónica publicou un anuncio para que aquelas persoas e colectivos que o desexen presenten suxerencias previas á elaboración e aprobación do Regulamento do servizo do mercado municipal de abastos. A actual normativa remóntase a 2002.
O prazo permanecerá aberto ata o 9 de setembro co obxectivo de que a cidadanía achegue opinións a través da instancia 'Participación na Elaboración de Normativa (Aprobación do regulamento do servizo do mercado municipal de abastos)', que se atopa no Catálogo de Trámites da sede electrónica do Concello de Bueu.
Un dos principais obxectivos do novo regulamento será actualizar o réxime de concesións. O Concello de Bueu organiza tamén diversos mercados ambulantes semanais, nos que se ofrecen tamén produtos de campo en réxime de venda. A actual normativa non ofrece respueste ás novas demandas do colectivo de vevendedores e das persoas consumidoras, segundo indican desde o goberno local.
O regulamento permitirá establecer as condicións dos postos da praza de Abastos e tamén as obrigacións con normas de utilización e réxime de sancións.
Tamén ata o 31 de agosto, a poboación pode presentar propostas á modificación do regulamento do mercado ambulante, segundo informa o Concello.
Relacionadas:
-
Abren o prazo para presentar alegacións ao regulamento da venda ambulante en Bueu
Por Redacción |
-
O Pleno de Bueu aprobou o Plan Normativo para o ano 2022 que permitirá tramitar sete regulamentos
Por Redacción |
-
A Garda Civil incáutase dun cargamento de roupa falsificada no mercadillo de Bueu
Por Redacción |