Rescatan do interior dun coche un cachorro dun mes que estaba deshidratado

Por Redacción
Apenas un mes de vida ten o can que foi rescatado este xoves pola Policía Local de Poio. Estaba pechado dentro dun coche e presentaba síntomas de deshidratación.
A intervención policial produciuse sobre as dúas e media da tarde na Avenida da Seara, en San Xoán de Poio, onde o coche estaba estacionado.
O cachorro estaba dentro do vehículo, que no seu interior estaba a máis de 35 graos.
O seu propietario, segundo explica a Policía Local de Poio, será denunciado por infrinxir a lei de benestar animal.
Desde este corpo policial recordan que ter unha mascota implica coidala adecuadamente e proporcionarlle o que precisa, atender ás súas necesidades básicas e velar polo seu benestar.
Relacionadas:
-
RADIO.- Chequeamos a lei de benestar animal antes da súa entrada en vigor este mes de setembro (e II)
Por Marisa Ciordia |
-
Salvan un can maltratado en Poio, que estaba con anemia e cheo de parasitos
Por Redacción |
-
Dúas competicións de agility contarán en Pontevedra coa elite canina ibérica
Por Redacción |
-
A presenza de cans nas praias de Poio, prohibida ata o 30 de setembro
Por Redacción |
-
Unha veciña de Poio enfróntase a 30.000 euros de multa polos ataques dos seus cans a viandantes
Por Redacción |
-
Esixen a aplicación das leis de protección animal
Por Oskar Viéitez |