Reforzan a seguridade na estrada de cara á celebración da Subida á Escusa
Por Redacción
Este luns deron comezo os traballos de mellora na estrada EP-9212, na parroquia de San Xoán, e que a vindeira fin de semana acollerá a XXII edición da Subida á Escusa.
Esta proba automobilística está organizada pola Escudería Buxa Motor, en colaboración co Concello de Poio.
A edil de Seguridade Cidadá e Deportes, Marga Caldas (BNG), lembra que estes traballos contan cun orzamento duns 30.000 euros e se centran no reforzo da seguridade por un dos tramos polos que transcorre a competición.
Caldas lembra que, á marxe da proba en si, esta actuación tamén se fai necesaria polo feito de que "é unha estrada moi utilizada pola veciñanza de núcleos como O Sartal e A Escusa". As tarefas rematarán ao longo dos vindeiros días.