A imprenta provincial 'sálvase' e trasladará a súa actividade a Príncipe Felipe
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra decidiu manter a imprenta provincial, que finalmente se trasladará ás instalacións de Príncipe Felipe. Así o anunciaron este venres en rolda de prensa a presidenta Carmela Silva e o vicepresidente César Mosquera.
Mentres tanto, continúan os trámites para a derriba do edificio que actualmente ocupa a imprenta nun solar de 2.980 metros cadrados situado na Xunqueira de Alba. Estes traballos están orzados en 273.933 euros.
Inicialmente o goberno provincial barallou converter nun centro de interpretación ese edificio, un singular exemplo de arquitectura industrial do século XX, pero finalmente optouse polo seu desmantelamento. O Servizo Provincial de Costas xa pechou o período de exposición pública do proxecto de desmantelamento.
A parcela é unha concesión de Costas do ano 1988 e agora transformarase en zona verde dentro do gran proxecto de rexeneración de todo este espazo de marismas, xunto co parque de maquinaria, cuxa concesión é de 1965.
Carmela Silva explicou que a idea de manter este servizo en Príncipe Felipe foi unha formulación do vicepresidente provincial.
O departamento de publicacións da Deputación, formado por sete empregados, ía integrarse na área de Comunicación Institucional e estaba previsto que o servizo se seguise prestando a través de medios propios e contratacións externas, pero agora a imprenta seguirá mantendo boa parte da súa independencia co traslado ás instalacións de Príncipe Felipe, en Montecelo.
A de Pontevedra é a única deputación de Galicia que mantén unha imprenta propia.
Relacionadas:
-
Arranca a demolición do parque de maquinaria e da imprenta provincial
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O BNG propón á Xunta que negocie co Concello para buscar terreos para o traslado das súas instalacións na Xunqueira de Alba
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG pide á Xunta 3,5 millóns de euros para desocupar e rexenerar a Xunqueira de Alba
Por Redacción |
-
Mosquera imparte en Logroño un seminario intensivo sobre mobilidade urbana
Por Redacción |
-
Algúns recursos do parque provincial de maquinaria sairán a poxa
Por Oskar Viéitez |
-
Unha pradaría con árbores autóctonas substituirá na Xunqueira de Alba ao parque provincial de maquinaria
Por Alejandro Espiño |
-
O novo parque de maquinaria da Deputación ocupará case 9.000 metros cadrados
Por Redacción |
-
O PP pide novas dependencias "consensuadas e libres de gastos" para trasladar as instalacións da Xunta na Xunqueira de Alba
Por Oskar Viéitez |