O grupo de Artillaría da Brilat recupera o seu nivel de operatividade tras o esforzo de Afganistán
Por Redacción
O grupo de Artillaría da Brilat realizou no último ano un esforzo importante co seu despregamento na última misión da Brigada en Afganistán. Tras o seu regreso, puxéronse de novo a punto e están "preparados para as misións que lle encomenden".
Asegurouno este mércores o xefe do Grupo de Artillaría da Brilat (GACAAT VII), tenente coronel Pedro Polo Campo, durante a celebración da festividade de Santa Bárbara, patroa da súa Arma, na base General Morillo.
"A experiencia achegada polo persoal do Grupo que despregou en Afganistán, unido ao traballo responsable, sostido e calado exercido polos que aquí permaneceron, propiciou que esta unidade recupere en dous meses o estado de operatividade requirido e que hoxe se encontre en perfecto estado de revista, listo e preparado para ser empregado onde o mando o requira," sinalou ao respecto.
Como todos anos por estas datas, se celebraron diversos actos para conmemorar Santa Bárbara, os compoñentes do Grupo de Artillaría celebraron unha serie de actos en honor á súa patroa, e dos Enxeñeiros de Armamento e Material. O acto central foi a parada militar celebrada este 4 de decembro baixo a presidencia do coronel Ángel González del Alba Baamonde, xefe do Rexemento de Infantaría Lixeira Isabel la Católica 29.
A parada consistiu nunha formación do Grupo de Artillaría, unha imposición de condecoracións, un acto homenaxe aos que deron a súa vida por España, a entoación do Himno de Artillaría e da Brilat e, para finalizar, un desfile da Forza.