Atrásase a estrea do 'skate praza' de Raíña Vitoria
O concelleiro Demetrio Gómez anunciou que se atrasa a estrea do skate park de Raíña Vitoria. O motivo é que "falta a pintura" que tardará uns días en chegar e despois o pintado dependerá das condicións meteorolóxicas.
"Calculamos que se o tempo acompaña, nos próximos 15 ou 20 días podamos pintar o skate praza", dixo o edil nacionalista.
Todas as pezas que compoñen a instalación deportiva xa están instaladas e para este xoves está previsto que uns skaters fagan probas para saber se hai que realizar algunha corrección, axuste ou modificación.
Por exemplo, a fixación sobre o asfalto dunha das barras para deslizarse ou grindar co patín ofrece algunha dúbida sobre a súa estabilidade "hai que ver se iso aguanta ben" de non ser así, será necesario cortar o asfalto para incorporar unha pequena peza de formigón.
Ata o de agora, as obras executadas consistiron na construción dunha plataforma única entre os pasos de peóns de acceso á Alameda e o de Palamios.
A instalación, deseñada polo estudo "SR Skate Parks" de Pontevedra, inclúe pezas de granito puído elaboradas nunha cantería da Lama e unhas varandas de metal. Todos estes elementos poderán ser retirados cando sexa necesario.
O skate park de Raíña Vitoria terá un custo duns 80.000 euros.
Relacionadas:
-
A 'skate praza' de Raíña Vitoria di ata logo para facilitar a montaxe das atraccións da Peregrina
Por Redacción |
-
Organizan unha Festa do Patín para estrear as instalacións de Raíña Vitoria
Por Oskar Viéitez |
-
Finalizados os traballos de pintado do 'skatepraza' de Raíña Vitoria
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O pintado, última acción antes de dar por finalizado o 'skatepraza' de Raíña Vitoria
Por Redacción |
-
As primeiras pezas do 'skatepraza' ocupan o seu lugar en Raíña Vitoria
Por Alejandro Espiño |
-
Avances entre Concello e Universidade para a construción do skatepark, o edificio de Moda e a desafectación dos terreos do campus
Por Redacción |
-
O 'skate-praza' de Raíña Vitoria, a todo ritmo: nove dos once módulos desmontables xa están rematados
Por Redacción |
-
Raíña Vitoria, en obras: inician os traballos para o futuro 'skate-praza'
Por Alejandro Espiño |