Alertan da presenza dun sospeitoso en San Xoán e resulta ser un mozo fuxido por un roubo en Barcelona

Por Redacción
As sospeitas dunha veciña da zona de San Xoán de Poio foron determinantes para que un home perseguido pola xustiza fose localizado este luns 26 polas forzas policiais.
A muller chamaba aos axentes da Policía Local de Poio ao redor das 08.00 horas ao comprobar a presenza dun individuo en actitude sospeitosa pola zona. Os axentes achegábanse ata o lugar e detiveron o home ao comprobar os antecedentes que presentaba.
O mozo arrastraba unha orde de procura, detención e comparecencia no xulgado de Instrución número uno de Granollers tras tramitarse unha denuncia por un roubo con forza en Barcelona.
O detido, natural da Coruña, ten 23 anos e atópase pendente do xuízo por ese delito. Ao longo deste martes pasaba a disposición xudicial.