Atopan nas escavacións de Santa Clara un anel de ouro que "ten como mínimo 500 anos"
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
As escavacións arqueolóxicas que se están levando a cabo no Convento de Santa Clara tras a súa adquisión por parte do Concello de Pontevedra están pequenos tesouros sobre a historia da cidade.
O último deles atopados foi un pequeno anel que "ten como mínimo 500 anos", explicou o concelleiro pontevedrés César Mosquera, vicepresidente da Deputación.
Trátase dunha peza de ouro que ten gravada unha Cruz de Malta.
O seu achado produciuse na zona do claustro "non medio de restos do século XVI, pero hai que facer probas para ver se é anterior", explicou o edil.
O anel pasou a custodia do Museo de Pontevedra para o seu estudo, aínda que desde o Concello mostran a súa satisfacción afrimando que "poder ser mesmo unha inspiración para facer réplicas".