A Policía Local informa dos cortes de tráfico previstos polo Medio Maratón de Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O vindeiro domingo 16 de outubro será una xornada marcada polo deporte na Boa Vila coa celebración do XXVII Medio Maratón de Pontevedra.
Con motivo do evento deportivo a Policía Local de Pontevedra elaborou un plan especial de tráfico ao supor restricións á circulación rodada en parte da cidade.
En concreto pecharán ao tráfico as avenidas das Corbaceiras, Uruguai e Bos Aires, así como a rúa Xosé Malvar, desde a que non poderá acceder á ponte dos Tirantes. Pola súa banda a rúa Santa Margarita pechará en sentido centro.
Desta forma as pontes habilitadas paira acceder ou saír do centro urbano de Pontevedra serán os da Barca e das Palabras, en Monte Porreiro. Ademais a circulación de vehículos si estará permitida entre o Nó de Bombeiros e a N-550, a saída da cidade pola Avenida de Santiago, en ambos os dous sentidos.
Segundo informa a Policía Local os peches na circulación rodada prolongaranse entre as 10.00 e as 14.00 horas do domingo.