Que facer cando un neno se atragoa ou está inconsciente? Leccións no Hospital Provincial
Por Redacción
Os hospitais Provincial e Montecelo de Pontevedra sumáronse este venres á conmemoración do Día Mundial de Concienciación ante a Reanimación Cardiopulmonar, que se conmemora o domingo 16 de outubro, cunha actividade para dar nocións básicas á poboación sobre como actuar ante un caso de parada cardíaca en adultos e en nenos.
Na entrada do Hospital Provincial un equipo de sanitarios especializados en atención pediátrica, tanto en enfermería como en medicina, ensinou á poboación en xeral e ao persoal sanitario como actuar #ante unha situación de emerxencia con nenos.
A doutora Pilar Crespo, pediatra da unidade de Neonatos do Hospital Provincial, explicou que se ensina á poboación como realizar a RCP pediátrica básica, "as manobras para realizar cando nos atopamos a un neno inconsciente e tamén a desobstrucción da vía aérea, que manobras realizar cando un neno atragoarase para poder liquidalo".
No Hospital Montecelo un equipo sanitario especializado en atención a adultos realizaron as mesmas funcións, todo coa intención de trasladar á poboación "a importancia deste día e de divulgar as manobras á poboación en xeral".
Así, a doutora Pilar Crespo considera que é importante trasladar a "todos os pais e xente rodeada de nenos en colexios e en institucións sanitarias e educativas o coñecemento destas manobras para poder actuar e salvar vidas".
Relacionadas:
-
Prácticas de reanimación en vivo e unha mensaxe: "a peor RCP é a que non se fai"
Por María José Pita & Mónica Patxot |
-
'Desafógate', unha aventura acuática que fomenta a prevención do afogamento infantil
Por Álvaro Arosa Barco |
-
Alumnado de centros educativos aprenderá a realizar a reanimación cardio-pulmonar
Por Alba Feijoo Alonso |
-
En marcha cursos de reanimación cardiopulmonar avanzada e deshabituación tabáquica
Por Redacción |
-
O alumnado de San José aprende RCP e a xogar ao baloncesto en cadeira de rodas
Por Redacción |
-
Aprendendo a salvar vidas coas súas propias mans
Por Redacción & Mónica Patxot |