Unha condutora interceptada en Chancelas sextuplica a taxa de alcohol permitida
Por Redacción
Unha veciña de Pontevedra, de 43 anos, foi interceptada por unha patrulla da Garda Civil cando circulaba pola avenida de Chancelas no municipio de Poio na tarde deste venres, arredor das 18.10 horas. Ao comprobar o estado no que se atopaba a condutora, os axentes solicitaron a presenza da Policía Local de Poio para sometela a unha proba de alcoholemia.
Unha vez no lugar, a patrulla da Policía Local realizaba a proba e comprobaba que o resultado era de 1,58 miligramos/litro en aire expirado, unha cantidade que multiplica por seis a permitida pola Dirección Xeral de Tráfico para conducir, que se sitúa en 0,25 mg/l.
Ante estes datos e a constancia da influencia que o alcohol ofrecía na condución, a Policía Local instruíu as dilixencias ao entender que estes feitos son constitutivos dun delito contra a seguridade viaria.
As dilixencias foron trasladadas ao Xulgado de Garda para a celebración dun xuízo rápido ao longo dos próximos días, segundo informa a Policía Local de Poio.
Relacionadas:
-
Cae da moto en San Xoán, causándose feridas na cabeza, e dá positivo en alcoholemia
Por Redacción |
-
Por primeira vez, Tráfico leva a cabo unha campaña de vixilancia en tramos de obras
Por Redacción |
-
Fuxe da Policía Local en Combarro cun ciclomotor modificado que alcanzaba máis de 144 km/h
Por Redacción |
-
Atopan unha bolsa con tres quilos de haxix oculta baixo unas rochas en Chancelas
Por Redacción |
-
Falece un operario tras sufrir unha caída cando traballaba nunha obra en Chancelas
Por Oskar Viéitez |