Conclúen as obras na rúa Espiñeiros, en Lourido
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O edil de Obras e Servizos Municipais, Julio Casás, examinou este xoves o estado que luce a rúa Espiñeiros, en Lourido, logo da actuación acometida polo Concello de Poio cun investimento próximo aos 25.000 euros.
Casás estivo acompañado por Gregorio Agís, concelleiro de Urbanismo. Ambos explicaron que o proxecto contemplou a renovación da rede de saneamiento, así como a instalación de colector nos tramos nos que non existía, de xeito que agora a rede dará servizo a todas as vivendas da contorna.
A maiores, a obra tamén serve para reforzar a seguridade, ao contar con máis espazo para peatóns.
Por último, procedeuse á renovación do pavimento e ao seu pintado, que finalizou estes días.