Rafa Domínguez asegura que "no me vale" que Ence diga que retomará o seu Plan Social se o Supremo lle devolve a concesión
Por Oskar Viéitez
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, asegura que"a mí no me valen" as explicacións da dirección da compañía Ence ante as súas críticas por non convocar desde 2019 o Plan Social para colectivos da comarca.
A través dun comunicado, a empresa asegura que mantén o seu "firme compromiso" de activar unha nova convocatoria do seu plan social, pero para iso pon unha única condición, só farao "no caso de que se resolva de forma positiva o proceso xudicial no que está inmersa esta instalación, do que depende a continuidade da súa actividade", sostén Ence.
Este venres, ao ser preguntado por estas explicacións da pasteira Rafa Domínguez declarou que "lo entiendo pero no me vale. No puede ser".
"Mientras esté trabajando en Pontevedra debería mantener el Plan Social", afirmou o portavoz local do PP recollendo "lo que a nosotros las asociaciones nos dicen".
A Dirección da compañía afirma que a actual situación de incerteza sobre o futuro da fábrica pontevedresa, que deberá resolver o Tribunal Supremo tras analizar os recursos á anulación da súa prórroga, "non permitiu a súa posta en marcha".
Fronte a isto o portavoz do PP replica que "nadie puede saber el horizonte jurídico y judicial" e lembrou que todo este proceso pode durar "muchos años" e pregúntase "¿y todos esos años vamos a estar sin Plan Social? No puede ser".
O PP considera que este Plan Social é "una responsabilidad adquirida con la ciudad de Pontevedra".
Relacionadas:
-
ENCE permanece sen actividade industrial pola rotura da tubaxe de abastecemento de auga
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
Rafa Domínguez presenta o seu plan de acción para as municipais: "Salimos a por la mayoría"
Por Redacción |
-
A APDR vai "cínico e incoherente" a Rafa Domínguez polas súas críticas ao parón do Plan Social de ENCE
Por Redacción |
-
ENCE só retomará o seu plan social se o Supremo lles devolve a súa concesión
Por Alejandro Espiño |
-
Domínguez censura que ENCE paralizara o seu plan social: "Han roto su compromiso"
Por Alejandro Espiño |