Tres rutas de medo amenizarán o Samaín da Finca de Briz
Por Redacción
Xusto dentro dunha semana Marín celebrará o seu tradicional Samaín na Finca de Briz e, para iso, a organización xa ten todo preparado para pasar unha velada terroríficamente divertida.
O Concello agarda que unhas tres mil persoas se acheguen a este espazo para participar nunha festa que comezará ás seis da tarde e para a que non será preciso coller entrada previa.
Contra as seis e media da tarde abrirán as tres rutas de medo: Túnel das Ánimas, Nidos do Terror e O San Martiño.
Estes tres percorridos, cheos de susto e de diversión, estarán espallados por distintos puntos da finca e para participar neles tan só haberá que esperar a quenda correspondente.
As rutas estarán abertas ata as 22.00 horas polo que, aínda que se produzan aglomeracións puntuais, de seguro todo o mundo poderá gozar desta actividade.
A partir das 22.30 horas, será o turno do espectáculo Aninovo Celta, no auditorio ao aire libre, e media hora despois comezará a animación musical, que durará ata a unha da madrugada, cando se pecharán as portas da terrorífica (por un día) Finca de Briz.
A finca, que estará totalmente ambientada para a ocasión, contará con postos de venda de comida, bebida e artesanía, segundo informa o Concello.
Relacionadas:
-
O Samaín Briz quere seguir medrando e abre a organización a particulares e asociacións
Por Redacción |
-
O Samaín Briz segue a bater récords de participación
Por Redacción |
-
O colexio La Inmaculada de Marín celebra o Samaín
Por Redacción |
-
Outro día de clase terrorífico, pero máis divertido
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Agárdanse 3.000 almas aterradoras no Samaín da Finca de Briz
Por Redacción |