O Outubrofest enche a carpa da Praza de España
Por Cristina Saiz
Ata o vindeiro 1 de novembro a Praza de España ten instalada unha gran carpa onde a cidadanía pode celebrar o Outubrofest con litros da mellor cervexa, música en directo, sesións 'wermout', salchichas, codillo e mesmo opcións veganas e sen glute
O evento está organizado polo Pontevedra Rugby Club para recadar cartos para financiar os gastos xerais e desprazamentos do club.
Uns días de celebración que coinciden no calendario co Samaín e que tamén inclúen no seu programa un concurso de disfraces de Halloween.
O menú gastronómico abrangue salchichas Frankfurt e Bratwurst normais, de medio metro e dun metro e o tradicional codillo asado en forno de leña, ben regados con Paulaner rubia, tostada e de trigo, e tamén con opcións sen alcol e sen glute.
Os presos móvense entre os 3 euros dos perritos ata os 13 euros da salchicha xigante dun metro acompañada de chucrut ou ensalada. O medio libro de cervexa rubia e de trigo sairá a 4 euros e o de tostada a 5, mentres que o litro das primeiras venderase a 7 euros e o da tostada a 8 euros.
O programa contempla o desenvolvemento de sesións 'wermout' (facendo un guiño ao alemán, pero con vermú galego), con música en directo ao mediodía.