Fenosa destina medio millón a mellorar a calidade da subministración eléctrica en Barro
Por Redacción
Unión Fenosa Distribución (UFD), a distribuidora eléctrica de Naturgy, investiu máis de 520.000 euros en varias actuacións e obras de mellora de instalacións eléctricas no municipio de Barro. En concreto, a compañía destinou máis de 270.000 euros na construción dunha nova liña eléctrica de media tensión subterránea,que permitirá a dobre alimentación ao núcleo urbano de Barro, impulsando considerablemente a calidade e fiabilidade do servizo nesta zona.
A actuación consistiu na construción de máis de 2 quilómetros de nova rede subterránea, así como o desmonte de, aproximadamente,un quilómetro de liña de media tensión aérea. En concreto, a distribuidora tamén soterrou a liña desde A Porriña ata Piñeiro, na Portela, e parte das liñas que circundan o núcleo urbano, mellorando a calidade da rede e eliminando o impacto visual do cableado aéreo.
A compañía instalou, ademais, un novo centro de transformación e reformou outro transformador existente no núcleo urbano de Barro, dotándoos a ambos, de telecontrol e sensorización para optimizar a fiabilidade do servizo e minimizar os tempos de resposta #ante calquera incidencia.
A distribuidora investiu outros 250.000 euros na construción dunha nova saída de media tensión desde a subestación de Barro para apoiar á subministración eléctrica da zona de Curro e Meis.
O delegado de UFD en Pontevedra, Francisco Ramos, explica que “con estas novas actuacións, o núcleo urbano de Barro deixará de depender exclusivamente dunha única liña de media tensión, polo que no caso dunha incidencia poderase conectar de forma inmediata pola nova liña construída”.
Pola súa banda, o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, considera que “estas actuacións son moi beneficiosas porque, ademais de eliminar unha gran parte do cableado aéreo na contorna de San Antoniño, coa mellora visual que conleva, esta nova conexión coa subestación do Polígono de Curro garante un mellor servizo aos usuarios”. O alcalde agradeceu o investimento realizado e o cumprimento do compromiso adquirido por UFD de dotar a Barro dun servizo de máis calidade.
UFD puxo en servizo en 2017 a subestación eléctrica de Barro, situada no polígono industrial do municipio, e en 2020 construíu a liña de media tensión que conecta coa rede que abastece a contorna do núcleo urbano do municipio. Nestes últimos dous anos, a distribuidora tamén soterrou a liña desde A Porriña ata Piñeiro, na Portela, e parte das liñas que circundan o núcleo urbano, mellorando a calidade da rede e eliminando o impacto visual do cableado.
Relacionadas:
-
Barro concede licenza ás novas instalacións no polígono de Artesa Rías Baixas
Por Oskar Viéitez |
-
Fenosa destina 168.000 euros á construción dun novo transformador e unha liña subterránea en Vilaboa
Por Redacción |
-
Unhas obras de Naturgy deixarán dúas horas sen luz a Combarro na madrugada do venres
Por Redacción |
-
Un incendio nun poste eléctrico en Barosa deixa sen luz á aldea de Maquieira, en Barro
Por Manu Otero |