O PP de Vilaboa esixe unha auditoría para descubrir en que se gastaron 660.000 euros entre 2003 e 2009
Por Redacción
O Partido Popular de Vilaboa reclama ao goberno local que encargue unha auditoría para fiscalizar os gastos por valor de 660.000 euros que gastaron, a su parecer, “sen control, nin facturas, e de xeito ilegal” entre o 2003 e o 2009. Os populares basEan esta acusación en base ao informe de Intervención da liquidación do orzamento do ano pasado.
Alertan desde a oposición que "xa a propia interventora indica no seu informe que é unha situación de nulidade de pleno dereito e pagar facturas sen consignación orzamentaria é un delito".
Ese informe de Intervención, según los populares, desvela que entre os anos 2003 e 2009 fixéronse pagos por importe de case 660.000 euros sen ningún tipo de control nin fiscalización, nin asignación orzamentaria.
Neste sentido, sosteñen que no 2003 o saldo deudor era de 817,47 euros, e foi incrementándose ata os 659.315,91 euros en 2009. “Que pasou entre 2003 e 2009? En que gastaron eses cartos sen ningún tipo de control nin fiscalización? Cartos de todos os veciños de Vilaboa. Non se sabe nin para que, si se fixeron os servizos ou non, nin quen gastou os cartos, nin sequera hai control de si se pagaron unha ou incluso varias veces. Non hai control nin responsabilidade de ningún tipo”. denuncian
Por iso, desde o PP esixen que “ante unha situación desta gravidade e ilegal, é urxente que o Goberno local encargue unha auditoría para aclarar a situación. Non se adxunta nin xustificante de gasto nin documento algún, tampouco referencia a un número de expediente, a única información que se dispón son abreviaturas", demandan.