A Policía Nacional detén un fuxitivo internacional en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Axentes da Policía Nacional detiveron en Pontevedra un individuo de nacionalidade española de 28 anos de idade.
Este home estaba a ser buscado desde hai tempo por diferentes delitos de tráfico de estupefacientes na Polinesia Francesa por parte da Autoridade Xudicial de Francia.
Segundo informan fontes oficiais da Comisaría Provincial de Pontevedra, a Orde de Procura Internacional foi comunicada ao Grupo de Delitos contra as Persoas desta Comisaría por parte do Grupo de fuxitivos Internacionais da Comisaría Xeral de Policía Xudicial, achegando datos sobre a súa posible localización actual en dúas poboacións diferentes da provincia de Pontevedra.
Por mor da información recibida os axentes policiais iniciaron unha serie de comprobacións e vixilancias que finalmente deron como resultado a localización do actual domicilio do fuxitivo.
Tras establecer os correspondentes dispositivos de vixilancia en dúas localidades diferentes os axentes policiais lograron deter este individuo que foi trasladado á comisaría de Pontevedra para a tramitación das dilixencias policiais remitidas aos Xulgados Centrais de Instrución da Audiencia Nacional, onde foi trasladado o detido desde Pontevedra custodiado por axentes adscritos á Brigada Provincial de Policía Xudicial.
Relacionadas:
-
A SCD Salcedo denuncia o roubo de portas, chaves de luz e enchufes no campo de fútbol do Casal
Por Diego Espiño |
-
Alertan da ausencia de desfibriladores en comisarías e coches patrulla da Policía Nacional en Pontevedra
Por Redacción |
-
"Non hai persoal policial suficiente para poder actuar nas zonas de botellón", alerta a Confederación Española de Policía
Por Redacción |