
© Concello da Illa de Arousa
A Praia de Lagartiño na Illa de Arousa transforma un espazo degradado nun miradoiro sostible

Por Redacción
O goberno municipal da Illa de Arousa finalizou a actuación na Praia de Lagartiño, pasando de ser un espazo en malas condicións a converterse nunha zona sostible con vistas ao mar e ao porto, ademais de establecer un acceso ao pequeno areal sen risco algún.
Segundo indican, ata hai uns días este recuncho atopábase cheo de silvas e maleza, rodas abandonadas e lixo nunha zona de terra descoidada pola que algúns mariñeiros accedían ata a praia cos seus vehículos para saír ao mar.
As Concellerías de Obras e Servizos desenvolveron os labores cun operativo de recuperación cunha limpeza inicial en profundidade e o acondicionamento do acceso, que quedou protexido coa instalación duns pivotes.
Tamén se instalaron bancos e árbores ornamentais transformando a zona nun miradoiro.
Luís Arousa, concelleiro de Servizos, sinalan que a intención é continuar nesta liña de actuacións sotenibles no litoral coa creación dunha senda peonil e para bicicletas entre o porto de Xufre e o de Aguiuncho.