Cinco días de actividades do Ganapán no Gastroespazo do Mercado
Por Redacción
Achégase unha fin de semana e unha ponte da Constitución con varios días de descanso. Por este motivo, O Ganapán, o programa de lecer infantil que se desenvolve no Mercado de Abastos de Pontevedra a través da concellería de Promoción Económica, pon en marcha diversas actividades no Gastroespazo situado no primeiro andar da praza.
Os escolares, de 4 a 10 anos, terán a oportunidade de participar durante o sábado 3, domingo 4, luns 5, martes 6 e xoves 8 dun calendario de propostas que pasan pola elaboración de receitas como tortas de mazá, pera e chocolate; brunch con grelos e cogomelos ou Welsh cakes, entre outros.
Tamén se poñerán en marcha talleres creativos nos que se deseñarán libélulas de cores, crocodilos, colares, aneis e pulseiras; ademais de arañas de patas longas e complementos de súperheroes como os míticos Spiderman, Muller Marabilla e Batman.
Para participar, segundo lembra a concelleira Yoya Blanco, será necesario apuntarse previamente a través do correo electrónico oganapan@gmail.com,, indicando no texto se o menor ten intolerancias a algún alimento ou é alérxico a algún produto.
Todos os obradoiros efectuaranse en horario de 11.30 a 13.30 horas. Recoméndase aos participantes para levar unha fiambrera para despois levar a casa as receitas elaboradas durante a actividade.