Poio súmase aos Concellos que prenden o alumeado de Nadal este venres
Por Redacción
O Nadal comezará a celebrarse este venres 2 de decembro en Poio, ao igual que outros municipios da contorna como Marín, co acendido dos adornos decorativos e un acto festivo aberto a toda a cidadanía.
Luciano Sobral, alcalde de Poio, convida a veciñanza a que acudan a partir das 19.00 horas á festa que se celebrará na Praza do Mosteiro. O goberno local anuncia animación musical e repartición de racións de chocolate e rosca entre as persoas asistentes ao mesmo tempo que se prenden as luces.
O rexedor sinala que, tras os dous anos marcados pola pandemia, esta celebración é máis "especial" e fai un chamamento ao colectivo de asociacións para que se sumen a este acto no que se iluminará o decorado instalado na fachada da Casa do Concello.
Tamén haberá un "photocall" para que quen o desexe se inmortalice fotografándose neste espazo. Ademais, está previsto gravar un vídeo de felicitación das festas a toda a veciñanza do municipio e que será subida á canle de Youtube do Concello de Poio e en redes sociais como Facebook e Instagram.
As luces permanecerán operativas ata o 8 de xaneiro. Repartíronse máis de 270 adornos lumínicos con arcos para as estradas, figuras en farois e outro photocall nunha contorna turística como o de Combarro.
O horario da iluminación durante as festas será desde as 18.00 horas ata as 01.00 horas, que se verá incrementado ata as 04.00 horas en Noiteboa, Fin de Ano e Reis, decisión adoptada para exercer un maior aforro enerxético respecto a outros anos en que o horario era máis amplo.
Relacionadas:
-
O Nadal vívese en Poio con máis de 30 actividades festivas
Por Oskar Viéitez |
-
O Nadal chega a Poio con espectáculo pirotécnico e menos horas de luces para aforrar
Por Redacción |
-
Chocolate para todos para dar a benvida ao Nadal en Marín
Por Redacción |
-
Marín alumeará as rúas con adornos de Nadal este venres 2 de decembro
Por Redacción |
-
Todo a punto en Sanxenxo para dar este sábado unha luminosa benvida ao Nadal
Por Redacción |
-
Poio dá a coñecer ás cinco gañadoras do concurso de tarxetas de Nadal
Por Redacción |
-
'Caixas de ilusión', unha nova campaña que nace do espírito solidario da veciñanza de Poio
Por Redacción |
-
Andrés Díaz anuncia unha redución de bombillas e horarios de iluminación para este Nadal
Por Redacción |