Ferida unha muller nun atropelo en Poio
Por Redacción
A Policía Local de Poio informou dun atropelo rexistrado este xoves ás 9.45 horas na avenida de San Xoán.
Segundo notificaron, neste accidente resultou ferida unha muller que cruzaba por un paso de peóns, que foi evacuada nunha ambulancia do 061 a un centro hospitalario.
Os axentes municipais apuntan a un posible cegamento do condutor polo sol, xa que estaba moi baixo a esa hora.