Alberto Acuña, candidato do Partido Popular á alcaldía da Vilaboa
Por Redacción
Nas próximas eleccións municipais de maio, Alberto Acuña liderará a candidatura do Partido Popular á alcaldía de Vilaboa. O portavoz local e coordinador comarcal do PP de Pontevedra anunciaba a decisión no espazo de As Salinas de Ulló, acompañado por Luís López, presidente provincial popular, e por Luisa Piñeiro, secretaria xeral do partido.
Acuña expuxo ante os membros da xunta local que Vilaboa necesita "certezas e non inquietudes; estabilidade e non problemas". Promete "compromiso e moito traballo" coa idea de trasladar o seu proxecto a cada aldea. Asegura que os populares son a "única alternativa" que pode ofrecer un cambio de rumbo ao municipio.
Luís López, pola súa banda, lembrou que a presenza de Alberto Acuña na corporación de Vilaboa en xuño de 2018 supuxo un cambio completo do escenario político porque é "unha persoa coas ideas moi claras, cunha capacidade de liderado indiscutible".
Sinala que durante este período xestionou investimentos coa Xunta e negocio máis axudas para os colectivos co goberno local mostrando a súa preocupación polos residentes. Os populares criticaron a "parálise" actual no goberno municipal de Vilaboa, que lidera César Poza.
Relacionadas:
-
Teresa Carro (BNG) presenta o equipo co que quere "construír unha Vilaboa de futuro"
Por Oskar Viéitez |
-
O socialistas de Vilaboa presentan a candidatura liderada por César Poza
Por Oskar Viéitez |
-
O popular Ricardo Martínez optará á reelección á Alcaldía de Portas
Por Redacción |
-
Piden instalar unha rampla de acceso ao cemiterio de San Adrián de Cobres
Por Redacción |