Salcedo Norte convida a visitar o seu belén artesanal
Por Oskar Viéitez
A Asociación de veciños Salcedo Norte xa ten instalado o seu belén artesanal e convidan a toda a cidadanía a visitalo no seu local social situado no Centro Sur, en Campolongo.
Este xoves acudiron un grupo de alumnos da asociación Xoán XXIII, que foron recibidos polas creadoras deste belén.
Boa parte das figuras foron feitas en barro por Chelo Jar, a impulsora desta iniciativa que faleceu recentemente. Ela foi profesora durante décadas no instituto Frei Martín Sarmiento e encantáballe a pintura e a escultura chegando a formarse para traballar con pedra na Escola de Canteiros.
Elvira Rial, Fita González, Lita Fírvida, Herminia Lustres e Suso Mariño foron as encargadas de traballar este ano na montaxe deste nacemento ao que incorporaron un novo castelo.
Este belén está aberto para o público xeral de luns a venres, excepto festivos, en horario de 17:30 a 19:30 horas.
"Ademais se alguén está interesado en visitalo e non puidese facelo neste horario poderá poñerse en contacto coa asociación e non habería problema en abrilo cando fose preciso", apuntan desde a asociación.
Relacionadas:
-
Prorrogada a reforma do Centro Sur que poderá estar rematado a finais de febreiro
Por Oskar Viéitez |
-
A Coral Polifónica de Pontevedra ofrece dous concertos de Nadal
Por Redacción |
-
O plan do PP para o Nadal: un poboado con mercado, atraccións, un gran belén ou luces "más elegantes"
Por Alejandro Espiño |
-
Inauguran un Belén artesanal estilo hebraico na Reitoral Sagrado Corazón de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, destaca o interese que o belén de Moraña esperta nos visitantes
Por Redacción |