Oído Centros Auditivos, servizo personalizado para dar resposta aos problemas de audición
Un 11,3% de españois padece perda da audición nalgún grao, segundo datos do estudo EuroTrak Spain 2020 realizado pola Asociación Nacional de Audioprotesistas. No mesmo informe destácase que os problemas auditivos empezan cada vez a idades máis temperás: un 13,3% de persoas con perda auditiva ten entre 18 e 55 anos e un 14,5% entre 55 e 64.
En resposta a esta circunstancia, Oído Centros Auditivos márcase como obxectivo dar solución aos problemas relacionados coa perda de audición, co mellor servizo, a tecnoloxía máis avanzada, empregando marcas líderes do mercado e un trato personalizado. "Esta empresa nace neste local da Praza de Barcelos, número 6, de Pontevedra en 2020, xa cunha experiencia laboral de 8 anos no sector, traballando nunha multinacional", manifesta o seu xerente Pablo Fontenla, titulado superior en Audioprótesis pola Universidade de Santiago de Compostela.
"A dedicación da empresa é o diagnóstico da perda auditiva e a adaptación de prótese auditivas (audífonos) en adultos e en nenos, e despois todo tipo de complementos para audífonos e protección auditiva: moldes adaptados para industria, sono, auga, motor, música, caza…", indica o xerente de Oído Centros Auditivos.
COMO SABER SE TEÑO UNHA PERDA AUDITIVA?
Pablo Fontenla explica que é moi fácil detectar se unha persoa ten perda auditiva. "Son situacións cotiás que moitas veces non se quere recoñecer, pero cando falas coa persoa vese claramente que hai un problema de comprensión. Tamén cando estás reunido con varias persoas nun local con son e empezas a notar moitas carencias para poder entender con normalidade. Mesmamente na túa propia casa, cando sabes que che están falando e non o entendes, ou cando alguén che fala con máscara e cústache moito entender".
Neste sentido, na súa experiencia como audioprotésico valora a evolución da sociedade, na que cada vez está máis normalizado o uso de audífonos.
A maioría das perdas auditivas son neurosensoriais, onde está afectado o oído interno e nervio auditivo, o problema é "oio pero non entendo", apunta Pablo Fontenla. Curiosamente "iso é o máis fácil de detectar, pero máis difícil de recoñecer por parte da persoa", argumenta.
DIAGNÓSTICO DE PERDA AUDITIVA
Desde Oído Centros Auditivos animan a que calquera persoa que sospeite que pode ter unha perda auditiva se achegue por este establecemento para unha valoración totalmente gratuíta.
"O proceso é moi sinxelo: vir, diagnosticarte, explicámoste dunha forma coloquial para que poidas entendelo, e a partir de aí dar todos os pasos para polo menos poder realizar unha proba gratuíta con audífonos". Mesmo, sen saír de casa, o centro auditivo ofrece a través da súa propia web a posibilidade de que calquera persoa poida realizar un test de audición en liña en tan só 3 minutos (www.oidocentrosauditivos.com).
Desde a súa experiencia como audioprotésico, Pablo Fontenla lanza unha mensaxe de tranquilidade a quen teña dúbidas sobre as probas para diagnosticar a posible perda auditiva. "O proceso é totalmente indoloro, simplemente o que facemos é unha videotoscopia do conduto auditivo e logo facemos unha serie de probas audiométricas subxectivas, basicamente porque necesitamos a colaboración do paciente, e a partir de aí xa temos un diagnóstico de cal é o tipo de perda, unha cantidade, e podemos pasar ao que é a elección e adaptación do audífono".
Pablo Fontenla reitera que todo este proceso diagnóstico é gratuíto e sen compromiso, así como a proba de audífonos. "Logo xa en función de como vaia a adaptación á proba de audífonos falariamos da compra definitiva e todo o que inclúe", así como as condicións de financiamento que chegan ata os 3 anos sen intereses.
IMPORTANCIA DE COMPRAR NUN ESTABLECEMENTO SANITARIO
Oído Centros Auditivos é un establecemento sanitario con licenza de audioprótesis. "Todos os audífonos que vendemos pasan unha homologación na Unión Europea, iso conleva moitos trámites e certificacións do produto, porque é un produto sanitario".
Neste sentido, Pablo Fontenla advirte sobre a irrupción de produtos vindos de China e que se venden por internet sen cumprir os requisitos sanitarios. "Á parte de competencia desleal, é un risco para o cliente. O que se vende por internet adoita ser un amplificador, non un audífono. Un audífono o que está a facer é modulando ou amplificando en cada frecuencia de diferente maneira, segundo a necesidade, segundo a perda auditiva do paciente. O resto son amplificadores que amplifican de maneira lineal, é coma se te pos uns cascos co volume a todo dar, e está contrastado que o uso dos cascos ou os airpods de modo continuado non é beneficioso para a saúde auditiva".
COLABORACIÓN COA CLÍNICA OTORRINOLARINGOLOXÍA
Se se detecta un problema, Oído Centros Auditivos ofrece a posibilidade de que o paciente sexa valorado na Clínica Otorrinolaringoloxía Fontenla
Outra das vantaxes que ofrece Oído Centros Auditivos é a colaboración que estableceu coa veciña Clínica Otorrinolaringología Fontenla. "Contar con este servizo é un valor porque dentro da nosa atención temos a posibilidade de, cando detectamos un problema no oído medio, poder derivalo ao facultativo, neste caso o otorrino, e que lle fagan unha valoración desa posible patoloxía, e a partir de aí temos outro criterio para a posible ou non adaptación de audífonos. Para nós é a forma profesional de traballar".
Un exemplo habitual é o do paciente que chega cun tapón de cera. O proceso sería derivalo ao otorrino, quen o extrae, e a continuación realízase o diagnóstico auditivo e a proba de audífonos, "porque se o conduto auditivo está taponado non imos poder introducir aí ningunha peza, e o diagnóstico non será tan axustado á realidade".
TECNOLOXÍA AVANZADA EN AUDÍFONOS
Oído Centros Auditivos é un centro autorizado e colaborador das marcas líderes Signia e Phonak. Así mesmo, reparan todas as marcas do mercado.
En calquera dos seus establecementos, de Pontevedra, Monforte, e proximamente en Moaña, con tres aperturas máis programadas para 2023, ofrecen un servizo personalizado e adaptado a calquera tipo de necesidades de audición. Audífonos retroauriculares (colocados detrás do pavillón auricular) ou intracanales (aloxados no conduto auditivo), segundo a perda auditiva de cada paciente, que se cargan con pilas ou mediante batería recargable.
Oído Centros Auditivos é un establecemento autorizado das marcas líderes Signia e Phonak
"Tecnoloxicamente o avance foi enorme, os audífonos adáptanse ás contornas, separan moi ben o sinal da voz e do ruído, pero no que gañou nos últimos anos é en conectividade directa con terminais móbiles ou coa televisión a través do sistema bluetooth, por exemplo, que fai que a calidade de son e o esforzo mental que teña que realizar a persoa sexa moito menor", sinala Pablo Fontenla.
No escaparate da Praza de Barcelos chama a atención un acuario cheo de auga que contén o primeiro audífono somerxible a nivel mundial da marca Phonak e que permite realizar vida normal en situacións de contacto coa auga, sexa praia ou piscina (doce ou salgada), sen perder en ningún momento o beneficio que nos achegan os audífonos.
Outra das mostras das melloras en audífonos é o modelo Active de Signia, que permite máxima discreción e temos as prestacións dun audífono e as dun airpod simultaneamente por sistema bluetooth. Pensado para un sector executivo de empresas pola súa comodidade e discreción.