Pepe Vieira volverá encargarse do menú de Noiteboa do comedor social de San Francisco
Por Redacción
Tamén este ano, o chef Pepe Vieira e o seu equipo cociñarán e empaquetarán os menús da comida de Noiteboa para os usuarios do comedor social da igrexa de San Francisco.
Con esta iniciativa solidaria o afamado cociñeiro trata de contribuír ao labor que, cada día e de maneira organizada levan a cabo os voluntarios deste comedor desde hai anos. Para eles é realmente un día de traballo máis, co matiz de que se trata dunha celebración que a non todos chega por igual.
Nesta ocasión, entregaranse os menús para poder levar onde contarán cun entrante composto por salpicón de bogavante e encurtidos. O prato principal consistirá en tenreira melosa e pastel de polenta, pesto e albáfega; e como sobremesa, brownie de chocolate e praliné de abelá tostada.
Uníronse ao equipo as empresas Comercial Reyvi e Artesa Rías Baixas, que tamén tomaron conciencia do labor desempeñado no comedor ao longo do ano.
Desde Pepe Vieira avanzaron a súa intención de "realizar esta contribución de maneira máis activa e extensible durante o próximo ano 2023".
Relacionadas:
-
Un menú 'dúas estrelas' para a Noiteboa do comedor social de San Francisco
Por Alejandro Espiño |
-
O hotel de natureza co que Pepe Vieira quere redondear a súa experiencia gastronómica
Por Alejandro Espiño |
-
A burocracia, último 'escollo' para que Pepe Vieira converta a antiga Ferraxería Varela en asador
Por Alejandro Espiño |
-
Pepe Vieira, o triunfo á constancia da "última cociña do mundo"
Por Alejandro Espiño |