Lavado de cara para o vial de praias

Por Redacción
O vial de praias de Marín loce case como en plena tempada alta de verán.
É polo menos o obxectivo do goberno local de Marín, que pretende mantelo en bo estado durante todo o ano.
Con esa idea nos últimos días persoal da Fundación Xoán XXIII realizou labores de limpeza e mantemento no vial.
Ademais paralelamente operarios da empresa Buxos Verdes acometeron unha poda nas árbores que adornan o Paseo de Portocelo.
As podas continuarán ao longo da semana.