Unha das tres contrutoras investigadas en Sanxenxo non se presenta a declarar ante o xuíz
Por Redacción
No marco das dilixencias abertas no Xulgado de Primera Instancia a Instrución número 2 de Cambados sobre temas urbanísticos no concello de Sanxenxo, este mércores estaban citados para declarar os representantes legais da promotora e construtora Balboa y Chan, imputados por uns feitos que poderían dar lugar a un delito de suborno. No seu caso, como promotora do edificio Progreso, afectado por unha orde de derrubamento. Non se presentaron e volverán ser citados.
Segundo informan dende o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, prestou declaración. A.R.A.M., imputada por feitos que poderían dar lugar a un delito de suborno.
Como testemuña acudiu, M.L.L., arquitecto. Prestou declaración.
Con respecto á xornada do martes, os representantes legais das empresas Ferro Mesego e Promocións Inmobiliarias Lucasor, ambas investigadas por senllas promocións de chalés en Dorrón, prestaron declaración; e M.J.P.S. acolleuse ao seu dereito a non declarar ata que tomase coñecemento completo dos expedientes que a ela se referían.
O xulgado chamará no próximo mes de xaneiro ao resto das testemuñas, entre eles a técnicos municipais, ao ex edil de Urbanismo, Francisco Villaverde, e ao concelleiro de VIPS, José Luis Rodríguez.