Jesús Rey dimite como presidente de AJE Pontevedra
Por Redacción
A Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Pontevedra deberá buscar un novo presidente ou presidenta. O seu actual máximo responsable, Jesús Rey, presentou a súa dimisión.
Nunha carta remitida á xunta directiva da asociación, Rey explica que esta decisión está motivada pola incompatibilidade do cargo cos seus novos proxectos profesionais.
De maneira provisional, a presidencia de AJE quedará en mans da actual vicepresidenta, María Buceta, para dar continuidade á liña de traballo iniciada pola xunta directiva.
Desde AJE Pontevedra agradecen publicamente a dedicación e compromiso cos que Jesús Rey exerceu as súas funcións estes últimos catro anos
A curto prazo, sinalan desde a asociación, convocarán á asemblea xeral de socios para, previsiblemente, convocar un novo proceso electoral.
Relacionadas:
-
María Buceta continuará como presidenta de AJE ata final de ano
Por Redacción |
-
Audiencia privada do presidente de AJE Pontevedra co Papa Francisco no Vaticano
Por Redacción |
-
AJE Pontevedra e a Fundación Juan XXIII unen as súas forzas
Por Redacción |
-
O Grupo Valenciaga, premio Xove Empresario do ano
Por Oskar Viéitez |