Sou Too crea un cartel innovador para a Festa do Lacón con Grelos de Cuntis
Por Redacción
Manuel Campos, alcalde de Cuntis, presentaba o cartel promocional da edición da Festa do Lacón con Grelos 2023.
A cita gastronómica celebrarase o domingo 26 de febreiro e contará coa actuación de Los Secretos.
A artista natural de Arcos de Furco, Soledad Souto, coñecida profesionalmente como Sou Too, recolle neste cartel unha orixinal proposta na que unha muller nova goza do evento culinario cun prato de lacón con grelos facendo referencias á igualdade e ao empoderamento feminino.
Ademais ofrece outro dos emblemas do municipio, o termalismo xa que nas lentes da protagonista se observa unha imaxe da burga da Rúa Real.
Sou Too realizará no mes de marzo unha mostra individual na Casa de Cultura Roberto Blanco Torres. Esta artista comezou a pintar aos 16 anos en Vigo guiada polo arxentino Alberto Castro Couso. Formouse na Escola de Artes e Oficios viguesa para dedicarse, co paso dos anos, ao retrato con grafito.
Relacionadas:
-
Los Secretos arrancan a Festa do Lacón con Grelos en Cuntis cun concerto con fins solidarios
Por Redacción |
-
Divertida Gala do Chapante en Cuntis na fin de semana da Festa do Lacón con grelos
Por Redacción |
-
Nos últimos meses aumentou nun 50% o espazo urbano para o tránsito peonil en Cuntis
Por Redacción |
-
Los Secretos, sedución musical solidaria na Festa do Lacón con Grelos de Cuntis
Por Redacción |