A Pontevedrada prepara a súa edición de 2023 coa apertura de inscricións
Por Redacción
Xa hai data para a Pontevedrada 2023.
A marcha solidaria entre Pontevedra e Santiago de Compostela pola doazón de sangue, órganos e tecidos terá lugar o próximo 29 de abril, e empezou a quentar motores co anuncia da apertura de inscricións.
Os interesados en participar poderán anotarse a partir do día 1 de febreiro, coa solicitude dunha achega solidaria de 10 euros por inscrición para colaborar cos gastos de organización que soporta o colectivo Asampo-Pontevedrada.
As prazas poden confirmarse a través do correo electrónico pontevedrada@gmail.com, por Whatsapp no teléfono 602526978 ou na páxina web www.asampo.org.
Todas as inscricións recibidas ata o 31 de marzo levarán nome no dorsal, mentres que as recibidas posteriormente só levarán a inicial do nome, sinala a organización, cun prazo que pechará oficialmente ás 22.00 horas do día 19 de abril.