A 'Diana do Amor' regala vales para comprar no comercio local
Este 14 de febreiro, Día de San Valentín, desde as 11:00 horas da mañá ata as 19:00 horas da tarde estará na Praza da Peregrina unha caseta que contén unha 'Diana do Amor'. Esta é unha iniciativa do Concello do Pontevedra sortea 50 vales de 50 euros para investir nos comercios locais adheridos á campaña.
Para poder tirar os dardos na 'Diana do Amor', as persoas que desexen participar teñen que comprar nun dos 500 establecementos vencellados á campaña e presentar o ticket de compra. O pago do producto ou servizo que se adquiriu ten que realizarse entre o día 6 de febreiro ata o día 14 de febreiro e debe tratarse dun importe mínimo de 15 euros.
As persoas que cumpran estes requisitos, poden comezar a xogar aos dardos na Peregrina. Cada ticket de compra equivale a tres tiros á 'Diana do Amor'. Se se acerta no corazón do centro obtense o vale de 50 euros, que é válido no comercio local do ticket de compra que se entregou para participar. No caso de non saír vitorioso deste xogo obterase unha rosa vermella para celebrar San Valentín.
Yoya Blanco, concelleira de Turismo e Promoción Económica do Concello de Pontevedra, afirma que esta campaña é unha forma de fomentar o comercio local e "convida á xente a que merque no pequeno comercio".
Mentres Blanco realizaba estas declaracións, Iván Puentes, concelleiro de Desenvolvemento Sostible de Pontevedra,, estaba a verificar que a 'Diana do Amor' funcionaba correctamente, pero fixéronlle falta algúns intentos, concretamente tres.
Marga Caeiro, responsable da axencia de publicidade Pontevedra Dixital, señala que con esta campaña pretenden "dinamizar as compras no comercio local de Pontevedra co motivo de San Valentín" e expón que houbo bo ambiente durante a mañá, xa que á hora que se abriu a caseta xa había persoas esperando para lanzar as 'frechas' á diana. Segundo Caeiro, ás 12:00 horas entregáronse 17 vales de 50 euros.