Espazo Común presenta ás municipais unha candidatura encabezada por tres mulleres "emprendedoras", "rebeldes" e "con sentido común"

Por Redacción
O proxecto Espazo Común por Pontevedra presentarase ás eleccións municipais do 28 de maio en Pontevedra cunha candidatura encabezada por tres mulleres.
Nos postos de saída da lista electoral estarán, por esta orde, María Rey, Marga Soliño e Lucía Montoto. As dúas primeiras xa de coñecían e este xoves o partido político deu a coñecer a terceira muller pola que apostan nesta lista feminina. Lucía Montoto é actualmente presidenta da asociación de veciños de Campañó.
Desde o partido definen estas tres mulleres como "loitadoras, emprendedoras, rebeldes, convencidas, con sentido común e ganas de traballar".
María Rey manifestou este xoves o seu "compromiso coa igualdade e o feminismo", pero quixo matizar que este compromiso "non ten nada que ver con que a lista estea encabezada por tres mulleres". Así, explica que a elección de tres mulleres como cabezas de cartel é unha decisión adoptada polos integrantes do partido "por diversas razóns, todas elas políticas".
A alcaldable de Espazo Común insiste en que "por suposto" que cre "firmemente" en que a loita feminista ten que manifestarse cada día, pero insiste en que ten que ser un feminismo baseado na igualdade de dereitos, pero "non na discriminación positiva en favor da muller".
Na súa opinión, "a igualdade ben entendida nunha lista electoral baséase na meritocracia, baséase na valía das persoas, pero non nunha cuestión de xénero".
"Non é poñer a unha muller polo feito de selo nunha lista electoral de número dous para cumprir coa lei", explica. E engade que "cando apliquemos ese razoamento deixaremos ao carón a desigualdade".
Relacionadas:
-
28M | María Rey e Luisa Lores, únicas candidatas á Alcaldía, téñeno claro: "Pontevedra é un concello machista"
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
"No somos como los demás, somos Espazo Común, somos libres, somos de los vuestros"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Un millón de euros en axudas ao deporte base, principal promesa do decálogo deportivo de Espazo Común
Por Redacción |
-
Ás voltas coa feira: propoñen situala na rúa Serra e "darlle vida á zona do mercado"
Por Redacción |
-
Mulleres Diversas alza a voz polo 8M polas mulleres con discapacidade que viven no rural
Por Redacción |
-
Pontevedra Alternativa e Vox cren que o alcalde debería dimitir tras o fallo do Supremo sobre ENCE
Por Alejandro Espiño |
-
María Rey presenta a súa candidatura á Alcaldía de Pontevedra baixo o paraugas de Espazo Común
Por Oskar Viéitez |
-
Pachi Vázquez e María Rey estudan presentar o seu Espazo Común ás municipais de 2023
Por Alejandro Espiño |