A unidade de alzheimer de Moraña entra en funcionamento
Por Redacción
A unidade de Alzheimer entrou en funcionamento no novo centro social de Moraña, no que reciben coidados dez maiores da localidade.
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, participou nesta xornada xunto ao alcalde do concello, José Cela.
Fabiola García sinalou que Galicia conta con sete centros como este que ofrecen terapias, actividades e coidados especializados na atención ao alzhéimer, e aos que a Xunta destina 230.000 euros ao ano.
A unidade de Moraña emprázase no recentemente aberto centro social municipal, que é o resultado das obras de remodelación da antiga Cámara Agraria de Alende nas que a Xunta investiu 200.000 euros.