A Subdelegación do Goberno abre as súas portas á cidadanía

Por Redacción
Maica Larriba, subdelegada do Goberno en Pontevedra, convida as persoas interesadas a participar nas xornadas de portas abertas que organiza a Administración Pública.
O xoves 23 de marzo está previsto que se desenvolva un percorrido divulgativo aberto a toda a cidadanía que se inscriba previamente. Daranse a coñecer as principais oficinas e as salas do edificio da Subdelegación en Pontevedra. Tamén se indicarán os servizos que ofrece e as competencias. A visita iniciarase ás 11.00 horas.
O día 22 tamén se realizará unha xornada de portas abertas na sede da Dependencia de Sanidade Exterior, que se atopa na Estación Marítima do Porto de Vigo. Ofrecerase un percorrido polas dependencias do Centro de Vacinación Internacional e polo laboratorio de alimentos de Sanidade Exterior con explicacións sobre as súas actividades.
As persoas interesadas en participar nalgunha destas dúas iniciativas deberán apuntarse a través do correo electrónico subdelegación.pontevedra@
Larriba sinala que con esta iniciativa pretenden mellorar a visión que moitas persoas manteñen sobre a Administración a través dun exercicio de proximidade e transparencia.
Relacionadas:
-
A Subdelegación do Goberno en Pontevedra tramitou 247 sancións no mundo do deporte ao longo do 2022
Por Álvaro Arosa Barco |
-
As charlas para previr situacións de acoso e violencia chegan a 275 centros escolares da provincia
Por Redacción |
-
Maica Larriba, subdelegada do Goberno, aposta por seguir avanzando en políticas feministas
Por Redacción |
-
A violencia de xénero, a ciberdelincuencia, o crime organizado ou ter máis policías nas rúas, "obxectivos prioritarios" para o novo comisario
Por Alejandro Espiño |