A Xunta entrega tendas de campaña de emerxencias ás agrupacións de Protección Civil en Moraña e Portas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
As agrupacións de Protección Civil con sede nos concellos de Moraña e Portas recolleron as tendas de campaña de emerxencias que lles entregou a Xunta de Galicia.
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañado do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, participou este luns na entrega deste material que, no conxunto da comunidade reciben unha trintena de municipios, o que supuxo un investimento de máis de 93.600 euros.
As tendas de campaña están habilitadas para ser despregadas en situacións de emerxencia e que ofrecen ademais facilidades para o seu transporte e montaxe.
O director xeral de Emerxencias e Interior lembrou que pese a tratarse dunha competencia local a Xunta asume máis da metade do custo anual dos Grupos Supramunicipais de Emerxencias (GES) e dos consorcios provinciais contraincendios e salvamento.