Portas volve a asumir o custe das entradas do PortAmérica para a mocidade do municipio
Por Redacción
O Concello de Portas acaba de renovar o acordo coa organización de PortAmérica a través do cal os veciños empadroados no municipio, antes do 1 de marzo, de entre 16 e 30 anos de idade que desexen acceder aos concertos dos días 13, 14 e 15 de xullo poidan facelo de xeito gratuíto.
Os mozos de Portas que desexen asistir ao PortAmérica e que estean empadroados no municipio deberán retirar as invitacións nas oficinas municipais durante todo o mes de abril, en horario de atención ao público de 9 a 13 horas, previa identificación individual e comprobación que realmente figuran como inscritos como residentes no municipio. Máis información no teléfono 986 53 61 61.
Na presente edición do festival estarán en Portas artistas de tanta relevancia como Sebastián Yatra, M Clan, Loquillo, Jorge Drexler, Deluxe, Guitarricadelafuente, Bad Gyal, Conociendo Rusia, Dani Fernández, Ortiga e Pili Pampín ou Sexy Zebras.
Ademais da música tamén será protagonista a gastronomía da man dun showrocking no que participarán, entre outros, afamados cociñeiros como Pepe Solla, a colombiana Catalina Vélez, o mexicano Fabián Delgado, o vasco Andoni Luis Aduriz, o vigués Diego Novás, o lucense Héctor López, o ourensán Xosé Magallaes, a valenciá Begoña Rodrigo, o grovense Javier Olleros ou o mexicano Tomás Bermúdez.
Relacionadas:
-
Este xoves comeza PortAmérica con máis do 90% da capacidade da Azucreira de Portas vendida
Por Redacción |
-
35 chefs, que suman 14 Estrellas Michelín, figuran no cartel do ShowRocking do PortAmérica
Por Redacción |
-
Máis de mil árbores plantadas nos montes de Romai baixo a iniciativa 'Una entrada, un árbol' de PortAmérica
Por Álvaro Arosa Barco |
-
Novas caras para PortAmérica: Sebastián Yatra, Nicki Nicole, Deluxe, Loquillo, MClan ou Guitarricadelafuente
Por Alejandro Espiño |
-
O festival PortAmérica volve reforestar Portas coa iniciativa "Unha entrada, unha árbore"
Por Alba Feijoo Alonso |