Vilagarcía, a vila onde se festexa dúas veces a entrada do Ano Novo
Por Aitana Vidal
Os veciños de Vilagarcía volveron celebrar con antelación a chegada do ano novo. A praza de Ravella converteuse no escenario ás 12:00 horas dende o que numerosos cidadáns da vila e visitantes tomaron as uvas seguindo o son das badaladas.
Entre os asistentes repartíronse 350 quilos de uvas, 300 bolsas con 12 gominolas para os máis pequenos e 402 botellas de cava. O tempo ofreceu unha tregua para que esta xa tradicional festa se celebrase sen a necesidade de utilizar os paraugas e carapuchas. Durante o acto vendéronse copas coa marca da unión dos concellos de Vilagarcía, Carril e Vilaxoán. 'La Duendeneta' foi o grupo encargado da animación de rúa.
Esta festa remóntase a 1998, cando por un apagamento de luz numerosos veciños quedaron sen poder celebrar a despedida do ano. Dende entón veuse adiantando esta festa, salvo no ano 2003 debido á catástrofe do afundimento do Prestige. Este acto converteuse nun importante estímulo económico para o pequeno comercio de Vilagarcía durante esta xornada.