Pontevedra, punto de encontro para os amantes das mascotas
Por Redacción & Mónica Patxot
O Recinto Feiral de Pontevedra converteuse durante esta fin de semana nun punto de encontro para os amantes das mascotas. Ata vinte e tres expositores participaron na primeira edición da Feira Galega da Mascota.
Este evento reuniu na cidade a expertos en coidado dos animais domésticos, ofrecendo numerosas charlas e seminarios sobre nutrición, saúde, fisioterapia, auxilios veterinarios, tratamentos estéticos, convivencia con animais ou adestramento.
Unha destas conferencias estivo a cargo do educador canino Diego Álvarez, responsable da firma Kesar's e experto do programa Podcans de PontevedraViva Radio, que abordou entre outros asuntos, como o medo e o estrés son problemas máis importantes dun can.
No marco desta feira celebrouse tamén unha proba de agility autorizada pola Real Sociedade Canina Española, na que participaron cans e adestradores procedentes de distintos puntos de Galicia e de España.
Ademais, diversas asociacións e protectoras contaron co seu propio espazo para explicar aos asistentes a forma de colaborar co seu labor ou adoptar a futuras mascotas.
Relacionadas:
-
Os cans superan en número os nenos e tamén van á escola
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Profesionais veterinarios reclaman á Xunta nun congreso en Pontevedra que obrigue a vacinar os cans da rabia
Por Anxo Lourido |
-
A subida de prezos leva á protectora Os Palleiros a cobrar 80 euros por adopción
Por Redacción |
-
Diego Álvarez, educador canino: "O olfateo é para os cans como a nosa caña, o noso cine ou o noso paseo en parella"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Pontevedra acolle a primeira edición da Feira da Mascota
Por Álvaro Arosa Barco |