Nova cuberta para o pavillón polideportivo de Santo Antoniño
O Concello de Barro celebrou o último pleno ordinario do mandato actual. O pavillón polideportivo de Santo Antoniño foi o principal tema de conversa.
As condicións da cuberta actual do pavillón, que leva filtrando auga dende hai anos, xa non admite máis reparacións.
Por iso, cos votos a favor dos seis edís do BNG, o concelleiro do PP e do PSOE e, en contra, do grupo dos non adscritos, foi aprobado un suplemento de crédito de 60.000 euros para poñer en marcha a súa substitución.
Na sesión plenaria tamén se trataron outros temas como o cambio de caldeira ou as melloras na accesibilidade.
Relacionadas:
-
Vinte empresas aspiran a renovar a cuberta do polideportivo de Santo Antoniño
Por Redacción |
-
Aprobado o proxecto de reforma do pavillón polideportivo de Santo Antoniño
Por Redacción |
-
Abraldes, na busca dunha nova maioría para que Barro "non sufra un retroceso"
Por Redacción |
-
Concello e Barro CF renovan o convenio de colaboración para este ano
Por Redacción |