A maioría dos comercios pontevedreses arrancan o ano coas Rebaixas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Numerosos comercios pontevedreses adiantáronse xa ao período oficial de rebaixas de inverno en Galicia, fixado dende o 7 de xaneiro ata o 7 de abril.
Dende o ano 2012 os comercios poden establecer os seus propios períodos de descontos e promocións e adherirse ou non ás datas oficiais de cada cidade ou comunidade.
Cada vez son menos os establecementos que manteñen o período tradicional de rebaixas de inverno. Adiantarse aos Reis estase convertendo en tendencia e algunhas firmas coñecidas tamén súmanse a esta opción: H&M, Adolfo Domínguez, Blanco ou Mango son algunhas das primeiras en estrear as rebaixas.
Aínda que a lexislación non establece as marxes que han de alcanzar os descontos en época de rebaixas, na maioría dos establecementos roldan o 50% aínda que segundo os produtos poden ir dende o 10% ata o 70% nos mellores casos.